
Mais a pesar de recoñecer a pésima situación das augas, a administración non pon medios para solucionala. Como sempre que se delega en empresas privadas os servizos comunitarios, ocorre que prima a rentabilidade económica sobre o interese público. Aquagest ten a obriga de conectar á rede de saneamento todas as augas residuais do concello pero a alternativa máis doada e económica consiste en verter directamente ao mar. E iso co beneplácito da administración local, a que suscribíu un contrato con unha das empresas máis depredadoras do entorno. Non só contamina as nosas rías senón que nos cobra por unha depuración inexistente.