Os despidos foron notificados pola empresa despois de iniciar as protestas contra o plan de viabilidade da empresa. Un plan que contempla unha redución salarial e o despedimento de 29 operarios. A reacción dos traballadores non se fixo esperar e adiaron o paro laboral que nun principio estaba previsto para o venres.
Representantes do comité entrevistáronse en Compostela con membros do PSOE e BNG para informarlles da situación. Xa postos a informar podían lembrarlles aos gruposp arlamentarios que os representantes de ditos partidos no concello de Pontedeume fixeron causa común co PP e aprobaron o borrador inicial do PXOM que contemplaba a recualificación dos terreos que Einsa ten en Andrade, dando opción a esta empresa a desmantelar a súa fábrica eumesa e apostar polos negocios inmobiliarios.
E non esquezamos que tanto o alcalde como os concelleiros que forman parte do pleno creron inxenuamente aos xerentes da empresa cando estes lles venderon o proxecto como algo necesario para ampliar as instalacións e a conseguinte carga de traballo.