Por se alguén non o lembra o edificio chamado popularmente mamotreto en Caldagueiro ten sobre os seus alicerces ata 5 ordes de paralización ditadas pola Xunta de Galiza. O motivo: estar construído sobre chan urbano non consolidado, é dicir, carecer das infraestruturas básicas propias do chan urbano consolidado.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acaba  de anular as primeiras licenzas que permitiron construír seis edificios e  168 pisos en Fisterra,  sobre chans urbanos non consolidados que carecían dos servizos máis  básicos. O Concello de Fisterra non considerou as leiras onde se edificou como chan urbano non consolidado. Non é esta a primeira vez que unhas licenzas son anuladas en Galiza polos mesmos motivos, ser concedidas para edificar en solos non consolidados. 
Pontedeume segue a gozar de certos privilexios que fan deste concello unha república bananeira onde os promotores inmobiliarios se burlan na normativa urbanística.

