Un sentimento xeralizado de desencanto, frustración e impotencia cristalizou nunha campaña na rede promovida por cidadáns descontentos a semellanza doutras que se organizaron noutros países. O lema da campaña "Non lles votes" fai referencia ao único xeito de combatir aos partidos que se distinguiron por acoller a corrupción nas súas filas. 
Segundo se le na súa páxina, a corrupción en España alcanza niveis alarmantes. Non se trata só dos  casos de corrupción urbanística, suborno, prevaricación, etc., que  afectan de xeito xeneralizado aos grandes partidos: falamos de  corrupción nos mesmos fundamentos do sistema.  Neste contexto asentouse a alternancia perpetua de organizacións  políticas aferradas ao poder durante décadas (PP, PSOE, CIU...), sen  outras opcións máis que aquelas necesarias para conseguir os seus  propios obxectivos, sen permeabilidade de novas ideas, sen permitir a  participación activa da cidadanía, asfixiando toda posibilidade de  rexeneración democrática.
Unha posibilidade de incidir no futuro deste país.

