20 de feb. de 2011

Documental do "Escaravello Verde" sobre Pico Vello



“O Escaravello Verde” visita esta semana o Parque Natural das Fragas do Eume e os seus arredores para coñecer se ese proxecto de mina de andalucita, que pende a 50 metros dos límites do parque, pode supor unha ameaza ambiental. Integrada por máis dunha decena de entidades ecoloxistas e veciñais, a Plataforma en defensa de Pico Vello, -o lugar onde se instalaría a mina- , insiste en que hai irregularidades no proxecto e na Declaración de Impacto Ambiental.
A Declaración de Impacto Ambiental do proxecto da mina, xa foi modificada ante as alegacións que recibiu con anterioridade. A máis importante era a inclusión de 40 hectáreas de terreos da mina no parque natural. Aínda así, xorde outra incógnita: como afectaría a mina á conca fluvial do Belelle, que nace en Pico Vello e que abastece de auga de boca a varios municipios augas abaixo.
No seu percorrido pola zona, “O Escaravello Verde” descubrirá que non todos ven o proxecto cos mesmos ollos.