Transcorridos dous meses dende as eleccións locais, algúns concellos que optaron polo cambio xa tiveron mostras deste en forma de decretos que atendían ás demandas cidadáns. O caso de Ferrol é o máis paradigmático pois é onde se concentrou o maior número de anulacións de permisos concedidos pola corporación anterior. A Praza de España, a carballeira de Menáncaro ou a Praza de Sartaña son tres exemplos, non únicos, de como a forte contestación social que orixinaron, tivo unha resposta democrática por parte da nova corporación. Tamén en Sada, o novo alcalde, o nacionalista Abel López Soto, anunciou que se ía demoler parte do Náutico así como unha edificación.
Tendo en conta que a política urbanística propiciada polos alcaldes anteriores foi a que provocou un malestar social, e que este favoreceu un cambio de goberno, faciase necesario que os novos rexedores atendesen ás xustas demandas da veciñanza e lexislasen en beneficio desta.
O caso de Pontedeume ten semellanzas con outros concellos. Aquí houbo unha forte contestación social contra as graves irregularidades que se estaban a cometer en materia urbanística. O resultado, ao igual que en Ferrol e Sada, foi un cambio de goberno. Pero a diferencia daquelas localidades, aquí non se acordou actuar contra as numerosas obras que estan paralizadas ou denunciadas. Como tampouco se anularon as licenzas que foron escandalosamente aprobadas in extremis polo anterior equipo de goberno. Todo sigue igual, como querendo demostrar que en Pontedeume non soplan os ventos do cambio.

2 comentarios:
o problema de Pontedeume é que o resultado das eleccións produciuse polo voto de castigo que a vila lle deu ao anterior goberno pola súa desastrosa xestión, pero por desgraza sabiamos que a alternativa ao tripartito non era solución á eterna deriva na que Pontedeume está inmersa; unha pena, pero é o que hai
Unha vez máis coido que os nosos políticos por desgraza non teñen nin capacidade nin bontade pra levar a "bon porto" a vila.
Era necesario un cambio ainda que este non parcece o maís adecuado.
Nin PXOM nin técnico municipal para redactar licenzas urbanisticas, nada de nada, claro os impostos que tributa a enorme capacidade indstial deste concello abonda pra encher as arcas.
Publicar un comentario en la entrada