Pontedeume e Vigo parecen irmandadas por Consultora Galega. Segundo publica Europa Press, o alcalde de Vigo asegura que antes de rematar o ano haberá novo PXOM na súa cidade. O proxecto, elaborado por Consultora Galega, foi rexeitado pola Xunta hai escasos meses e devolto ao Concello para a súa modificación.
Tamén en Pontedeume o planeamento urbanístico foi retirado pola Consellaría de Política Territorial e, seguindo coas semellanzas, a empresa redactora foi a mesma que a de Vigo. A diferencia está en que Consultora Galega non se compromete a reelaborar o novo PXOM de Pontedeume antes de dous anos.
O Concello de Pontedeume ten a obriga de exixir a Consultora Galega un compromiso de modificación do PXOM en breve prazo. O noso Concello leva 20 anos sen plano de urbanismo, cunhas normas subsidiarias obsoletas e imposibeis de adaptar á nova lexislación, tanto á Lei do Solo de 2007 como á de Protección do Litoral. Faise preciso que se regule e planifique o crecemento urbanístico, que se comece a protexer o casco histórico e que se preste atención os espazos merecedores de protección.
Pero as obrigas do Concello non rematan en Consultora Galega. Como se sabe, o proxecto elaborado por esta empresa para Pontedeume pretendía legalizar moitas das obras sobre as que pesan expedientes. O novo goberno debe plantexarse como algo prioritario o acatamento da legalidade e debe facer recaer sobre os construtores todo o peso da lei. A permisividade amosada polo Concello cara os empresarios da construción é incompatíbel cunha lei que trata por igual a todos os cidadáns. Agora sabemos que esa permisividade chegou ao extremo de exonerar do pago polas licenzas concedidas aos promotores. Un dato máis do escandaloso comportamento dos nosos gobernantes no período 2003-2004 e que fai público o Consello de Contas.

2 comentarios:
parece que o pobo de pontedeume está de vacacións e nunca mellor dito...primeiro moito apuro co plan, e agora que xa está o informe urbanístico no concello, non se oe nada, ninguén di nin ren....ou será que non interesa?
e que hai cousas que non se entenden moi ben, como a misteriosa desaparición do arquitecto municipal, que supostamente está de baixa, pero nos xornais sae anunciado dando conferencias por ahi adiante,non é xusto, non hai dereito a que nos esten a tomar o pelo deste xeito, e os señores concellais de urbanismo a que dedican o seu tempo? que pasa que non son quen de poñerlle remedio ó asunto?...se este señor arquitecto igual que leva 4 meses missing, lle da por estar un ano ou dous..estamos nas mesmas?
srs. concellais que hai moita xente no paro...que se poden contratar a outras persoas, que peor non creo que o podan facer, eso si por favor cando fagan a selección, que collan a alguén que polo menos teña cara para algo mais que para chupar os cartos dos cidadans.
Lo que conseguiràn conmigo,es que me vaya y tenga que comprar mi piso, mi terreno o casa en otro ayuntamiento...con lo cual pagar impuestos en otro sitio y ser consumidor en otros comercios...eso sì: Pontedeume Vila dos Andrade,pueblo especial y singular...Serà un sueño inalcanzable comprar algo en Pontedeume que no sea ilegal o con las obras paralizadas?
Publicar un comentario en la entrada