Os conflitos sociais sempre pasan factura aos partidos políticos, para ben ou para mal. A instalación da planta de gas na ría de Ferrol foi unha auténtica cruz para o BNG que dende os priomeiros momentos tivo que achantar con graves crises internas, dende a renuncia de varios concelleiros e destacados militantes ata a perda dun número considerábel de votos nas pasadas eleccións. Este domingo tivo lugar a máis grande manifestación que se celebrou contra Reganosa e un detalle que non pasou desapercibido polos medios de comunicación foi a sonora pitada que se adicou ao parlamentario nacionalista Francisco Rodríguez. Como se sabe, este diputado criticou abertamente ao Comité de Emerxencia que abandeira a oposición á planta de gas. Foron as súas críticas tan esaxeradas que inmediatamente víuse obrigado a matizar as palabras proferidas en contra de "certas persoas que compoñen o Comité". Debe pensar o Sr. Rodríguez que o sistema de funcionamento deste colectivo cidadán semella ao da súa organización, na que a opinión dos persoeiros é a voz do BNG.
Non podemos pensar que esta actitude de Francisco Rodríguez foi unha metedura de pata propia do nerviosismo das eleccións. A posición do BNG con respecto ao tema de Reganosa é anterior, xusto cando se plantexa a construción deste complexo industrial. O BNG considera que unha prioridade para Galiza e o seu desenvolvemento pasa pola creación de grandes empresas de capital galego, ignorando que o capital non ten fronteiras nesta época de globalización. Exemplos non faltan de empresas galegas que acabaron en mans de capitalistas foráneos: Fadesa e Leyma serían as máis recientes. Quere isto dicir que un capital "galego" non trae necesariamente máis riqueza a Galiza que outro que non o sexa. A riqueza mídese polos postos de traballo e pola calidade de vida dos cidadáns. Nin unha cousa nin outra é Reganosa capaz de asegurar. A pretendida creación de postos de traballo vese desvirtuada pola aniquilación dos medios de subsistencia dos mariñeiros da ría de Ferrol; a calidade vida dos habitantes da ría e entorno sería unha entelequia por mor do grave perigo que a planta supón para a vida dos cidadáns.

5 comentarios:
A actitude da maioría dos partidos políticos galegos no asunto de REGANOSA é responsable. Este proxecto é estratéxico para o futuro de Galiza. os ecoloxistas sempre atoparedes inconvintes en calqera ubicación para que o desenrolo industrial se asente. Os galegos que queremos progresar e poder traballar no sector industrial na Galiza estamos ata os collóns dos "ECOLOXISTAS". Sodes todos unha manchea de funcionarios ou estudantes perpetuos que descoñecedes por completo como funciona o mundo real.
Non vos vale REGANOSA,non vos vale MEIRAMA, non vos vale ENDESA,.... Para a vosa información, as normativas ambientais son hiper-estrictas e supoñen uns costes desorbitados que as empresas están dispostas a asumir a cambio de xenerar riqueza e emprego. Hai que pararvos os pés porque sodes unha verdadeira rémora para o progreso deste país. Ós mariscadores que cortan a ría: pao e cárcere, como lles facian ós nosos pais nos 80 cando a Reconversión; manda carallo: un investimento de millóns de euros en perigo por 4 ignorantes que non saben nin o que falan,¡¡¡que país!!
Hoxe é REGANOSA, mañán serán a planta de biodiesel de Caneliñas, pasado vos oporedes ás fábricas de pás que se monten en Astano,etc,...Respóstame, con datos por favor: ¿en que basades vós un progreso REAL de Galiza????.
Non acostumo polemizar con xente desta calaña porque penso que non vale a pena arremeter contra a ignorancia. Sabemos que esta sempre foi o estandarte do fascismo e das ditaduras. Imposíble pois facer entrar en razóns aos que só posúen unha masa esponxiforme en lugar de cerebro.
Pero ás veces ser cáustico con estes personaxes pode ser a única forma de poñelos en evidencia ante si mesmos. Parece que o único que lle preocupa a quen se fai chamar tolombolo (por certo, tolo é sinónimo de cretino) é o seu traballo e en aras deste hai que sacrificar todo o demais. Eu atrévome a propoñerlle algo máis rentábel que o sector industrial, con horarios máis libres e sen patronos que o exploten. Estoume a referir á digna profesión de "chapero". Quizais a súa nai debería telo informado desta atractiva profesión que tan pingües beneficios reporta.Asegúrolle que non tería ante si aos ecoloxistas; en todo caso, tras de si.
Plantas de Gas: NON, que estoupan.
Térmicas: NON, que contaminan.
Eólicos: NON que degradan a paisaxe.
Celulosas: NON para nós.
Encoros: NON, ¡Demolición Xa!
Nucleares: NON,¡Chernobil!
Autoestradas: NON,¡Navallada na Galiza!
Un pouco de sentidiño señores. Hai que poñer na balanza as ventaxes e os inconvintes que toda actividade industrial conleva.
E SI presionar e manifestarse para que o desenvolvemento destas actividades sexa cumprindo os máximos niveis exixibles en seguridade e respeto ó medio.
Pero bo ... en vez de mirarnos no espello de Suecia, Francia, Dinamarca e aprender deles, podemos identificarnos con Bhopal, Chernobil, México D.F. ou Kazajistan, pensando que non seremos capaces de facelo mellor.
ao nivel de Bhopal, Chernobil, México D.F. ou Kazajistan quérennos poñer os que decidiron, seguindo estrictamente plantexamentos económicos (os deles) e non de seguridade, poñer a regasificadora onde a puxeron (existindo, ademáis, alternativas) e a puxeron a funcionar sen ter ainda en marcha o plano de emerxencia, afectando sen que lles custe un peso o traballo de outras persoas, cunha vila a 700 metros,... ¿sigo?
A regasificadora tiña unha ubicación prevista fora da Ría, no Porto Exterior que se proxecta para albergala. Pero se fai onde se fai para beneficiar economicamente a un pequeno grupo. Muros de Silencio da conta de todo o acontecido. Se por mundo real tolombolo entende o mundo da corruptela, da anteposición do interes economico frente ao social, da explotación dos recursos sen respeto polo presente e desprezo polo futuro, pois vaia mundo real. Quedome co mundo que ainda é posibel mentras os atropellos do poder economico en connivencia co politico teñan unha resposta como a que esta tendo o caso REGANOSA. E unha loita larga e dificil pero ou vencemos ou nada temos que facer neste mundo.
Publicar un comentario en la entrada