12.6.07

Alguén ten que comerse as palabras


Despois de coñecerse o ditame da Xunta sobe o plano de urbanismo eumés no que se aduce para a súa denegación o excesivo aumento do chan edificábel, podemos lembrar as palabras dos responsabeis locais. Estes, con Manuel Rei á cabeza, tentaban convencer á veciñanza dos beneficios do planeamento que o Concello mandara elaborar á empresa Consultora Galega. En opinión de Manuel Rei o PXOM sería "un instrumento que poñería fin á permisividade da anterior lexislatura xestionada polo PSOE e traería a disciplina urbanística" Tamén salientaba o político nacionalista que "non ía haber nigún punto negro no litoral". Por se non abondase remachaba que "na costa eumesa non hai grandes urbanizacións e non has haberá" (Declaracións recollidas en La Opinión do 3 de marzo do 2007)

Porén o balance que a Xunta fai deste PXOM que tantas venturas debería aportar a Pontedeume é desolador e desminte os presaxios de Rei. O Concello non xustifica o previsíbel crecemento urbanístico que traería a construción de máis de 3000 vivendas en 8 anos polo que carece de sentido crear grandes masas de chan urbanizábel residencial. No documento remitido pola Xunta se sinala que o proxecto de construción dentro da franxa de protección do litoral de 500 metros carece de "xustificación razoada".

É dicir, segundo a Consellaría de Política Territorial o PXOM permitiría a construción de urbanizacións no litoral, contradicindo as palabras de Manuel Rei que afirmaba o contrario. Parece que a permisividade si sería unha grande característica deste plano de urbanismo, acompañada da falta de disciplina que xa se xestou durante os catro últimos anos. Resulta incomprensíbel que o Sr. Rei se atreva erixirse en defensor da disciplina urbanística se lembramos que hai ditadas ordes de paralización sobre case 200 vivendas e que non se acataron. E correspońdense ao período no que o BNG ostentaba a concellalía de urbanismo.

7 comentarios:

Evaristo dijo...

Hai que ter moito rostro, como o que ten este sr. Rey, para dicir o que dicía e agora (unha vez vistos os resultados electorais, a pesares de que a Xunta demorou a publicación do rexeitamento ao PXOM a pasar o 27-M) non irse para a súa casa sen atreverse a aparecer pola vida pública local, comarcal, rexional, nacional e universal. O do Rey do BNG é penoso.

Anónimo dijo...

Pero... qué en ese Manuel Rei?

Anónimo dijo...

unha cousa é facer unha crítica á laboura política que fixo este personaxe, pero o de facer leña e máis leña dunha árbore xa caída e con esa saña, ¿non é xa un pouco patolóxico?

Anónimo dijo...

o que realmente é patolóxico e intentar minimizar o informe desestimatorio da Consellería de Política Territorial. Se foras un ciudadano que paga os seus impostas igual podería doerche a cantidade de millóns que xa se levan pagados polo primeiro plan desestimado e agora por este segundo. O traballo dos políticos é a de levar adiante, entre outras cousas a planificación urbanística? Sabes cantos anos levados esperando polo maldito plan? Sabes que respondeu a Consellería ao Concello? que se as previsións de crecemento nos próximos anos era duns 300 veciños, o número de vivendas proxectadas era de máis de 3 000. E o bng por enriba considera que o informe desestimatorio non ten maior importancia. E ti dis que se fai leña do árbore caído? e qué queres que fagamos con esta árbore?

Anónimo dijo...

mellor facer leña con esta "arbore" que con todas as que acabrian caendo co "desarrollismo" urbanistico salvaxe que pretendian levar adiante. E o de ser banco das criticas polo que leva feito entra dentro do papel que libremente decide xogar. O feiot de ter sido apartado polos votos das responsabilidades de goberno non implica unha blindaxe. Segue a ser concelleiro e a sua postura segue tendo importancia ainda que hoxe non sexa determinante.

Anónimo dijo...

Podo estar errado mais penso que Manuel Rei foi a persoa que máis dano político lle fixo a este concello e ao seu partido. Recoñézolle a súa capacidade de traballo e tamén o seu labor desinteresado. Quero dicir que non creo que sacase ningún proveiro persoal da súa actividade. Pero tamén creo que non abonda con ser honrado e traballador. Un grave defecto que lle atribuo é a súa falta de intelixencia para afrontar o traballo a el asignado. Porque non é intelixente non saber facer autocrítica dos erros cometidos; non é intelixente non darse conta da súa imaxe alonxada dos veciños; non é intelixente pensar que só o que pensa o seu partido é o máis adecuado para o concello; non é intelixente non aceptar os puntos de vista doutras persoas; non é intelixente enfrontarse a colectivos sociais (fusquenlla) e empresariais (ucoa); non é intelixente esgrimir razóns para defender recalificacións; non é intelixente crer que se é intelixente.

allegue dijo...

estou bastante de acordo co anterior comentario; non sei se sacou algún proveito persoal da súa actuación política, e como non o sei prefiro pensar que non, pero dende logo esa impresión que daba de estar por enriba do ben e do mal perxudicouno moito, e a súa nula capacidade de autrocrítica califícase soa.
En canto o da árbore caída, penso que quen tivo que xulgar a súa actuación no goberno xa o fixo, e para pode xulgala foi fundamental o traballo dos colectivos sociais desta vila. Esa é a liña que se debería seguir no futuro, poñerse agora a descalificar e enlamar non leva a nada, pero é a miña opinión tan só.