A nova formación Podemos rexistrou un termo para referirse aos políticos que fixeron da súa actividade un xeito de permanecer na cúspide como unha clase especial, ríxida, inmóbil e sen mesturarse coa cidadanía. A esta clase chámanlle casta. Mais a verdade é que este calificativo quédaselle curto se se consideran os métodos de que se serve para manterse nesa posición, métodos basados nunha feroz competencia e depredación cos seus conxéneres.
A pouco que nos fixemos no seu comportamento veremos que as actitudes máis agresivas de calquera especie son peccata minuta fronte á belixerancia da fauna política. Ante o rival político só cabe a eliminación como forma de manter os privilexios. A razón hai que combatila cos mentira; a educación, coa zafiedade; e a solidariedade, coa cobiza. Un mundo onde a inetelixencia está proscrita.