26 de xul. de 2013

Os recortes matan


"O sindicato de maquinistas (Semaf) asegura que a traxedia podíase evitar se na estación de Santiago funcionase o sistema de seguridade ERTMS, máis avanzado que o ASFA e o que se usa nas liñas de alta velocidade, posto que detería o tren automáticamente."


16 de xul. de 2013

Gamberrismo na Insua

Obra do Concello



Acceso á praia
Algúns usuarios da praia da Insua en Boebre deben considerar que polo feito de ser bañistas asiduos poden tomarse certas liberdades. Por exemplo, cementar a praia. Hai xa uns poucos anos (4 ou 5) fixeron unha plataforma de cemento sobre un acantilado para aproveitar a auga dun arroio.

Deberon pensar que esta acción ademais de positiva non era motivo de sanción polas autoridades. Así que posteriormente se animaron a cementar as escaleiras de baixada ao areal.
Esta vez houbo unha denuncia pola que os gamberros do cemento foron multados cunha cantidade irrisoria pero non obrigados a devolver o acceso ao seu estado orixinal.

Quizais o atrevemento destes gamberros se deba ao exemplo con que o Concello de Pontedeume sentou cátedra. Porque foi precisamente o Concello o primeiro que practicou este tipo de gamberrismo cando cementou unha parte da praia para montar un chiringuito de bebidas e xeados.

Con estes mestres non nos estraña estes alumnos.

5 de xul. de 2013

Involución



"Verde que te quiero verde”. Lorca

"Poderán cortar todas as flores, pero non poderán deter a Primavera".  Neruda

"Séculos, milleiros de anos nos que a Natureza moldea e alenta unha paisaxe. Logo, nunhas horas o home, bastardo da Natureza, troca unha marabilla nunha deformidade" Montero

4 de xul. de 2013

El País: A agonía dunha árbore de 500 anos

O xornal El País adícalle un extenso artigo á deporábel actuación urbanística que levou á desaparición dunha árbore senlleira en Pontedeume: o teixo dos Tenreiro. Unha actuación que se repetíu no caso doutro teixo destruído pola construción dunha rotonda.
 Ler aquí o artigo