O conselleiro de Medio Ambiente e Territorio detallou que 25 municipios dispoñenn dun plan sen adaptar e 104 levan seis anos (Pontedeume é un deles) coa súa tramitación, o que, a xuízo de Hernández, demostra que "non hai vontade nin vocación nos concellos de contar con esa ferramenta"
Ante as razóns alegadas polos alcaldes basadas nos continuos cambios na lexislación que imposibilitan ou atrasan a achaiadura municipal, o responsable da política territorial pediu aos rexedores que sigan regulando o urbanismo dos seus municipios e reclamou que o anuncio da futura norma non sexa utilizado como pretexto para non facelo. "É fácil buscar escusas cando ves o plan xeral como un problema, máis que como unha oportunidade", alegou.