Muro da rúa Galera |
Como non parece posíbel que o goberno de Pontedeume dea marcha atrás e decida tirar o muro da Galera (pasadas experiencias demostran que os alcaldes non son dados a rectificar) dende aquí propoñemos unha solución para paliar o efecto pernicioso que provoca semellante mole de cemento á vista dos máis sensibles.
Como queira que tarde ou cedo vai ser grafiteado polos "vándalos" que asolan Pontedeume, mellor sería adiantarse aos acontecimentos e "dirixir" os ímpetus artísticos dos amigos do spray. Poderiase convocar un concurso no que se premiarían os mellores traballos que convertirían unha horrenda empalizada en, quen sabe, unha pequena obra de arte.
Convén aprestarse a redactar as bases do concurso pois existe a posibilidade de que Patrimonio decida paralizar os traballos da rúa Galera. Aínda así e mentres non se tire a vergoñenta tapia (poden pasar anos antes de acatar as ordes) daría tempo a contemplar as obras dos artistas locais.