O plan de urbanismo de Pontedeume non acaba de saír á luz e todos sabemos as razóns: canto máis se atrase, máis especulación e menos restriccións para poder construír. O Partido Popular nunca se distinguíu por defender a terra do embiste do cemento, e si estivo de sempre preocupado por favorecer os intereses dos grandes promotores.O resto de partidos políticos con representación no Concello teñen un comportamento que, quéirase ou non, favorece ao goberno minoritario do PP. O seu labor de oposición non vai máis aló de plantexar inxenuamente algunha que outra pregunta nos plenos. Pero a súa falta de compromiso coa cidadanía demóstrana cando non son capaces de forzar a presentación pública do PXOM.
E xa non se sabe se por ineptitude á hora de exercer de oposición ou porque no fondo os seus obxectivos non distan moito dos do Partido Popular. Quédanos saber se están de acordo en urbanizar Pontedeume dunha forma desmedida, ou antepoñer un crecemento sostíbel que preserve tanto o casco histórico como os núcleos rurais.Eles teñen a obriga de se manifestar por unha ou outra opción. Os cidadáns o dereito a coñecer quen os representan.
3 comentarios:
O plan de urbanismo foi unha iniciativa do goberno PSOE-BNG (por non falar de Agras). O borraddor daquel plan metía medo ata o punto que a Xunta decidíu rexeitalo. Eses mesmos concelleiros siguen hoxe dirixindo aos partidos da oposición e non cabe esperar que mudasen as súas ideas sobre o plan de urbnanismo. Estarán contentos de que sexa Torrente (o brazo...do PP) o que lle saque do apuro de ter que aprobar un plan descaradamente beneficioso para os construtores.
E tamén tan beneficioso para Einsa, non esquezamos que o tripartito eumes xa aprobara inicialmente a recalificación de Einsa, e agora non van ter ningún problema en que se aprobe definitivamente, expropien a quen expropien, a ezquerda política desta vila ten pouco de ezquerda creo eu, son moi: "si señorito si".
U
D
seo
SEO是目前最新興的廣告曝光方法,SEO搜尋行銷提供了專業的關鍵字排名與SEO搜尋引擎最佳化服務,讓你的網站在SEO排名遙遙領先,歡迎洽詢SEO的專家 ... SEO自然排名 規劃架設seo seo網站 專業關鍵字公司1通電話幫您把網站排名到第1頁、 想要讓自己的網站大量曝光嗎? ...
宜蘭民宿
a383
2
z
Publicar un comentario en la entrada