O pasado mes de outubro un membro de Consultora Galega fixo unha presentación preliminar do PXOM de Pontedeume aos representantes dos partidos políticos. Nesa reunión comunicóuselles aos presentes que a aprobación inicial do documento poderíase realizar no mesmo mes de outubro ou, como moito tardar, en novembro. E non sen hora pois xa transcorreran dous anos dende que Consultora Galega expuxera un avance do plan nos baixos de Foremdes, avance que foi desestimado pola CPTOPT.
Dende entón non se volveu saber nada do ansiado plan. Foron varias as disculpas que o executivo local puxo para xustificar o atraso na presentación do mesmo. A cada cal máis insólita.
Primeiro díxose que faltaba darlle un retoque en certos temas, despois só faltaba que a secretaria do Concello o estudase a fondo. Unha posterior explicación consistía en dicir que a empresa redactora obviou as indicacións do goberno local e fixo un plan distinto. Onte mesmo o concelleiro de urbanismo alegou no pleno que se estaban a dar os últimos retoques para adaptar o parque Sarmiento a un posible aparcadoiro subterráneo.
Unha mentira tras outra, todas contradictorias, e unha burla aos veciños de Pontedeume. As verdadeiras causas que agochan o plan de urbanismo hai que buscalas en intereses privados de especuladores e delincuentes que non dubidan en entorpecer un plan que Pontedeume necesita máis que nunca e que leva camiño de perderse nas oficinas do Concello á espera de mellores tempos. Porque diso se trata. En marzo hai eleccións e os partidarios do urbanismo salvaxe e depredador agardan un cambio de goberno que modifique as actuais leis de protección urbanística para poder construir, recalificar e desordenar todo o que sexa factible de procurar píngües beneficios a costa do solo.
E nesta demencial actitude duns poucos afanados e incontrolados usureiros, teñen unha grande responsabilidade os membros do goberlo local. As súas palabras nada máis acceder ao Concello distan moito do que logo practican. Unha burda mentira que ofende a dignidade non só de quen os votou senón a de todos os eumeses que aspìramos a gozar dunha vila e un concello no que prime o entorno como fonte de vida e de futuro.

2 comentarios:
Podes preguntar a ese edil de urbanismo e igual así deixas de facer epeculacións sin base algunha.
Creo que algún neste pobo estase a volver paranoico.
1º como podo ver que tamén estiveches onte no pleno, escoitarias o que dixo o Alcalde sobor do orde de prioridades nos que estabase a traballar.
O Plan de urbanismo é moi importante para o noso pobo, pero coido que o millón e medio de Zapatero corria máis prisa.
2º Porque non eres un pouco máis aberto de miras e vás máis alo deste 2 anos, como por exemplo 20 máis atrás, nos que se estuvo redactando o Plan sendo o Sr. Agras edil de urbanismo e man dereita deste o xa tristemente famoso neste pobo Sr. Valiente.
Igual de esta maneira, podes entender porque o plan segue sen sair.
O Tempo pon a cada quen no seu lugar, non o esquezas.
O problema do PP eumés é que pensa que pode vivir dos erros do anterior goberno. Hai un PXOM que está sen aprobar e é o PP quen debe darlle vía libre. Non abonda dicir que estivemos 20 anos sen plan xeral para xustificar agora que podemos estar outros vinte máis. O intelixente sería demostrar que os que estades agora gobernando podedes facelo mellor que os anteriores. Pero pode ser como pedir peras ao olmo.
Publicar un comentario en la entrada