En Ber un propietario que fixo a súa casa en contra dos ditames da Consellaría de Política Territorial acaba de ser multado por non atender diversas ordes de paralización. A vivenda está construída en zona rústica de protección costeira o que fai inviábel a súa legalización. Se é grave que un particular non acate a legalidade, non o é menos que unha corporación conceda un permiso de obras en zona protexida e que non sexa capaz de impoñer ao promotor a paralización da obra. Un proceder que se repite constantemente no concello de Pontedeume. Non esquezamos a emblemática obra de Caldagueiro con cinco decretos de paralización ou as construídas en Nogueirosa que foron denunciadas pola Fiscalía. E as que invaden zonas protexidas en Vizús a pesares do informe
contrario da Secretaria do Concello.
E precisamente é o poder xudicial o que debería velar polo cumprimento das leis aprobadas polo lexislativo e ignoradas polo executivo. É obvio o desinterese da Xunta en remediar os problemas derivados das construccións ilegais. A solución que o goberno autonómico elixe, unha simple multa, non parece a máis adecuada para persuadir aos promotores de construír onde non se pode. Máis ben é unha invitación a delinquir. Porque o que si está cada vez máis claro é que o goberno galego padece dun tipo de transtorno bipolar que o leva a adoptar unha linguaxe na que defende a protección do territorio á vez que transixe cos atentados máis letais que este recibe.
contrario da Secretaria do Concello.E precisamente é o poder xudicial o que debería velar polo cumprimento das leis aprobadas polo lexislativo e ignoradas polo executivo. É obvio o desinterese da Xunta en remediar os problemas derivados das construccións ilegais. A solución que o goberno autonómico elixe, unha simple multa, non parece a máis adecuada para persuadir aos promotores de construír onde non se pode. Máis ben é unha invitación a delinquir. Porque o que si está cada vez máis claro é que o goberno galego padece dun tipo de transtorno bipolar que o leva a adoptar unha linguaxe na que defende a protección do territorio á vez que transixe cos atentados máis letais que este recibe.
3 comentarios:
Teoricamente tampouco é exacto que se eluda a ilegalidade cunha multa, segundo afirman as multas son acumulativas ate superar o valor da vivenda, como ninguen as pagas enton se procederia expropiar e demoler a mesma. Claro que unha cousa é a teoria e outra a practica.
Gostei muito desse post e seu blog é muito interessante, vou passar por aqui sempre =) Depois dá uma passada lá no meu site, que é sobre o CresceNet, espero que goste. O endereço dele é http://www.provedorcrescenet.com . Um abraço.
Hello I just entered before I have to leave to the airport, it's been very nice to meet you, if you want here is the site I told you about where I type some stuff and make good money (I work from home): here it is
Publicar un comentario en la entrada