16.9.06

Inxenuidade?

Pódeselle confiar ao lobo o coidado das ovellas?
Pódeselle pregar ao Papa respecto pola liberdade relixiosa?
Pódeselle pedir ao delincuente que lexisle?
Pódeselle esixir ao censor a abolición da censura?
Pódeselle encomendar ao ditador a redacción dunha constitución?
Pódeselle solicitar ao maltratador que diserte sobre o machismo?
Pódeselle reclamar ao terrorista respecto polos dereitos humanos?
Pódeselle requirir ao prepotente que denuncie os abusos?
Pódeselle demandar ao moralista consideración pola transgresión?
Pódeselle confiar a un negreiro a abolición da escravitude?
Pódeselle outorgar ao presidente de Endesa a carteira de Medio Ambiente?
...........................................................................
Pódeselle esixir a un concelleiro de urbanismo que ilegalice a obra na que se asenta a súa vivenda?

1 comentarios:

Anónimo dijo...

A ver si agora vai resultar que a defensa numantina de obras ilegais debese a "algo mais" que aparente ignorancia é incompetencia.
A ver si aquelas famosas frases : "esta todo legal" ou " vaia a denunciar a fiscalia" non estaban agochando debaixo intereses especulativos persoais.
¿Poderia ser que as actividades inmobiliarias ilegais do alcalde de Oleiros non fosen un caso aillado?¿Poderia ser que tivesemos o cheiro da codicia prevaricadora moito mais preto?¿Estarase pechando o circulo?