Así o certifica a Organización Mundial da Saúde (OMS) que estima que os europeos das grandes urbes viven case un ano menos por mor da forte contaminación. Pero non só é esta a única nova relativa á contaminación provocada polos gases automobilísticos e polos grandes complexos tipo centrais térmicas e polígonos industriais. Un de cada cinco europeos morre por enfermidades provocadas polo medio ambiente contaminado.
Un informe de Ecoloxistas en Acción datado en setembro de 2009 revelaba que 17 millóns de españois viven en zonas onde, ademais de non cumprirse as recomendacións da OMS, vulnérase a lei. A nosa comarca é unha das zonas máis afectadas pola emisión de gases procedentes de As Pontes e do cinturón industrial de A Coruña.