O Concello de Pontedeume ten alerxia aos arquitectos ou estes ao Concello. O certo é que poucos paran no posto de traballo. Despois de Beltrán, de baixa durante non se sabe canto tempo, despois da arquitecta que o substituíu, agora convócase unha nova praza para substituir aos anteriores.
As causas non parecen estar claras pero despois do paso de Valiente polas oficinas urbanísticas do Concello ninguén é capaz de acometer o traballo técnico que Pontedeume demanda. Como se de vellas prácticas ancoradas no pasado se tratase, os advenedizos non se amoldan a un xeito de facer urbanismo propio de Pontedeume. A presión pode ser moita e o estrés fai mella nos candidatos. Porén nas bases do concurso non aparece ningunha condición que acredite a fortaleza psicolóxica do aspirante. Craso erro que debe subsanar o Concello.