14 de set. de 2005











Chalé Rosa en primeiro plano e ao fondo edificio de vivendas que tapou a entrada principal do chalé















Á esquerda aparece unha imaxe do estado actual da "faraónica" obra que se está a levantar nunha das paraxes máis fermosas de Pontedeume, á beira da costa. As outras son imaxes promocionais do proxecto xa finalizado que a empresa ten a ben publicitar como unha obra de "500 vivendas nun enclave natural único".
Son moitas as razóns polas que debemos criticar este proxecto pero só duas delas abondarian para descalifica-lo totalmente. Unha, o enorme impacto visual e ambiental que exerce sobre un lugar que a ninguén se lle escapa como un dos máis apreciados polo seu valor paisaxístico da costa eumesa, e non esquezamos a enorme importáncia que isto ten como factor para conseguir unha maior calidade de vida. Outra razón, xa legal ainda que non tan afectiva como a anterior, seria a manifesta ilegalidade do proxecto por canto o plano de urbanismo de Pontedeume especifica que as edificacións que se realicen nese lugar non deberán levantar maís de cinco prantas co fin de preservar o entorno privilexiado da costa. Como é doado apreciar na fotografia, o actual edificio levanta oito prantas.

Debe sinalar-se que tanto este proxecto como a obra que asfixou completamente o "chalé rosa"situado no paseo marítimo pertencen ao mesmo promotor inmobiliario que ten a dubidosa honra de contribuir máis que ninguén ao deterioro urbanístico de Pontedeume.