Quero facer-me eco dun artigo aparecido no xornal The New York Times e que o xornalista Alan Riding titulaba "Cando os edificios feos merecen o seu derrubamento". Segundo este comentarista, o presidente do Real Instituto de Arquitectos Británicos, George Ferguson, propuxo a creación dunha categoria máis radical para edificios que merecen ser derruidos, o grao X. A idea parte da crenza de que o que hoxe pode parecer magnífico mañá pode ser considerado unha ofensa para a vista, en palabras de A. Riding. E segue comentando: O principal culpábel é o estilo moderno de posguerra, enraizado no idealismo purista do Movemento Bauhaus, pero distorsionado pola présa para reconstruir e espallar as cidades europeas ao longo da década dos sesenta. Os bloques de edificios e vivendas de cemento que brotaron nas cidades e nos pobos europeos aliviaban a presión demográfica, construian-se axiña e, no seu dia, parecian modernos. Hoxe resultan feos. O presidente dos arquitectos, George Ferguson, escribia no The Evening Standard de Londres: "Quero que o goberno conceda subvencións para a destrución", en referéncia a este tipo de edificios. "Con que frecuéncia unha mala edificación destrozou unha vista fermosa?"
Escrebe Riding: O argumento de Ferguson é que a calidade de vida ve-se afectada pola estética do que lle rodea a un: a harmonia visual pode ser reconfortante; un bloque moderno nun bárrio medieval ou incluso vitoriano resulta irritante. E nisto, os arquitectos, xunto cos urbanistas e os promotores, teñen unha responsabilidade específica. Se non che gosta unha película podes sair do cine; se che disgosta un cadro, podes volve-lo contra a parede. Pero os arquitectos son os únicos artistas que poden impoñer a sua estética ao público. E ao público raramente se lle permite opinar.
Máis adiante recolle de novo declaracións de Ferguson: "Manifestei-me contra a mania de construir fitos. Penso que nos estamos deixando seducir polas fotografias e as revistas de arquitectura. Creo na construción de lugares. O deseño urbano e a planificación xeral, incluida a escala, son máis importantes que a arquitectura"
E apostilla Riding: As grandes cidades históricas deben crecer e renovar-se, pero deberian procurar non borrar o seu pasado.
Todo o dito á valido para Pontedeume, facendo unha salvedade. Aquí non se trata de resolver un problema demográfico, que non existe, senón de resolver o problema daqueles que consideran que o mellor investimento que se pode facer hoxe en dia é mercar unha vivenda que con toda seguridade se revalorizará no futuro. O prezo a pagar é dobre: a perda da identidade da vila eumesa considerada conxunto histórico-artístico, e a perda de calidade de vida dos seus habitantes.
11 de xul. de 2005
5 de xul. de 2005
Pontedeume patrimonial
Estamos asistindo a un deterioro urbanístico da Vila de Pontedeume como nunca antes se deu, froito da especulación inmobiliaria, e que terá a corto prazo unha perda do que supón a maior riqueza do noso concello: o seu patrimonio artístico e monumental, o seu entorno e a sua própria identidade como vila.
O obxecto deste foro é conseguir unha participación ampla de todos os veciños preocupados por esta problemática e lograr incidir sobre aqueles que teñen a capacidade e a obriga de procurar un crecemento sostíbel e harmónico de Pontedeume: os rexedores locais ou, no seu defecto, a própria Xunta de Galiza.
O obxecto deste foro é conseguir unha participación ampla de todos os veciños preocupados por esta problemática e lograr incidir sobre aqueles que teñen a capacidade e a obriga de procurar un crecemento sostíbel e harmónico de Pontedeume: os rexedores locais ou, no seu defecto, a própria Xunta de Galiza.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)