O peor da corrupción que asolaga este país non son as cantidades defraudadas das arcas públicas; o peor é a falta de conciencia que permite ver os feitos como algo natural, inevitábel e carente de importancia. Este sentir está arraigado na clase política corrupta pero tamén en sectores da sociedade. Acaba de publicarse que a Fiscalía investiga ao Concello de Pontedeume, é dicir ao seu alcalde e equipo de goberno, por contratos irregulares feitos durante o seu mandato. Algo que os eumeses presupoñían. E é aquí que Torrente se “despacha” cunha das súas frases que merecen pasar a antoloxía do disparate político eumés ao que xa nos ten acostumados: “aínda que si se trata de actos administrativos irregulares, estes realízanse dese modo porque «non hai outra forma». Se eu necesito contratar a un limpador ou un conserxe e a administración non mo permite, esa é a única forma de facelo”