Se algo caracteriza ao actual goberno "popular" de Pontedeume é a súa falta de claridade á hora de explicar as iniciativas que toma, iniciativas que prexudican á meirande parte dos cidadáns eumeses.
Un exemplo desta actitude témola no secuestro do Plan Xeral de Ordenación Municipal, un documento que leva dous anos aparcado nas oficinas de Consultora Galega e agora nas dependencias do Concello.
E isto lévanos a plantexar unha serie de preguntas
Un exemplo desta actitude témola no secuestro do Plan Xeral de Ordenación Municipal, un documento que leva dous anos aparcado nas oficinas de Consultora Galega e agora nas dependencias do Concello.
E isto lévanos a plantexar unha serie de preguntas
- Como se entende que o goberno local do PP formado por catro persoas dun total de trece concelleiros sexa capaz de dirixir o Concello ao seu libre albedrío?
- É democrático que 4 concelleiros impoñan aos demais o seu programa político?
- Por que os concelleiros da oposición non son capaces de poñer coto ás pretensións do goberno local?
- Debemos entender que a oposición está de acordo coas posicións defendidas polo PP?
- Que pensan os concelleiros do PSOE, BNG, COE e independentes sobre a especulación urbanística?
- Temos que resignarnos a esperar por un PXOM que cemente Pontedeume de norte a sur e de leste a oeste?
- Non sería democrático que a través dunha moción de censura o goberno pase a mans dunha maioría que sintonice cos intereses do pobo de Pontedeume?
- Debemos entender que se isto non sucede é porque a oposición amosa certa complacencia co partido popular?
- Son estas actitudes as que levan á cidadanía a alonxarse dos partidos políticos e dos seus programas electorais?
- É ilusorio esperar dos políticos locais un cambio que erradique a ineptitude do pasado?